O edificio xudicial da Parda, principal investimento para Pontevedra da Xunta
Por Redacción
O conselleiro de Facenda entregou este sábado no Parlamento os proxectos de lei de Orzamentos para 2017 e de medidas fiscais e administrativas.
Os presupostos da Xunta para a cidade do Lérez inclúen máis de 11 millóns para as obras do edificio xudicial, máis dun millón para o Gran Montecelo. Son os principais investimentos para Pontevedra.
Tamén contemplan unha partida de preto dun millón de euros destinada pola Consellería de Medio Ambiente a actuacións no eido ambiental, que se adicarán á mellora do saneamento na ría.
Hai unha previsión para a reforma da estación de autobuses e a súa conexión coa estación de tren mediante a intermodalidade. A Xunta aínda está perfilando os detalles da actuación polo que o proxecto apenas recibe 100.000 euros nas contas do ano 2017. En 2018, cando a tramitación administrativa avance, serán 500.000.
O mesmo acontece coa remodelación do edificio de Benito Corbal, cuxo proxecto xa foi adxudicado e que agora mesmo está en fase de redacción polo que de momento non ten partidas cuantiosas asignadas por parte da Consellería de Facenda.
A deputada do PP, Lupe Murillo, destacou que a lexislatura que agora comeza vai ser "histórica" para a cidade.
Para a deputada popular pontevedresa estes orzamentos da Xunta "garanten o cumprimento dos anuncios feitos nos últimos meses e a fiabilidade do Partido Popular", sinalou, antes de avanzar que ao longo desta lexislatura se iniciarán os proxectos anunciados durante a campaña electoral, como a nova residencia de maiores, un pavillón para ximnasia e a variante de Alba.
2.728 EUROS POR PONTEVEDRÉS
En liñas xerais, a administración galega destinará 2.728 euros por habitante na provincia de Pontevedra.
O Orzamento da Xunta sube un 2,9% ata superar os 9.000 millóns. As consellerías con maior orzamento serán Sanidade (3.614 millóns), Cultura e Educación (2.314) e Política Social (645).
Segundo destaca a Xunta, nestes orzamentos os beneficios fiscais aumentan un 7% e chegan ata os 391 millóns de euros, "o que permitirá incrementar a renda dispoñible das familias galegas". Ademáis a Xunta esgota o teito de gasto e disporá o vindeiro ano de 300 millóns máis "para consolidar o crecemento san en Galicia", dixo o conselleiro.
Os investimentos medran por riba da media e o gasto social sube 229 millóns.
Relacionadas:
-
O Estado pagará oito millóns para financiar o novo edificio xudicial da Parda
Por Alejandro Espiño |
-
As emendas do BNG ao orzamento da Xunta suman doce millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
O proxecto da variante de Alba sairá a información pública nos próximos días
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade garante que o plan funcional do Gran Montecelo "no va a ser hecho desde un despacho"
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas din que os orzamentos da Xunta para Pontevedra son "raquíticos"
Por Redacción |
-
Moreira defende o orzamento da Xunta: "Son excepcionales. El PP no vende humo"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores pide unha reunión "urxente" a Feijóo tras un orzamento "decepcionante" para Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Anxo Lourido |