A Sétima Feira organiza unha recollida de alimentos e xoguetes novos
Por Redacción
A Sétima Feira do Concello de Pontevedra organiza o vindeiro sábado 10 de decembro unha recollida de alimentos e xoguetes novos en favor da Rede Auxda e a Fundación Amigos de Galicia.
A recollida terá lugar no primeiro piso de praza de abastos de Pontevedra o sábado 10 de decembro entre as 11:00 e as 15:00 horas mentres se desenvolven os talleres infantís que organiza a Sétima Feira.
Ademais, coincidindo coa campaña de Nadal, tamén se recollerán xoguetes novos que serán entregados aos nenos das familias que se atenden desde a fundación, e que este ano se repartirán 2.958.
Todo o recadado será destinado integramente ás familias que atende a fundación na cidade de Pontevedra en colaboración cos servizos sociais do Concello, que desde que comezou este ano 2016 son 1.739 familias.
Desde xaneiro de 2016 a fundación repartiu na cidade de Pontevedra 197.817,2 quilogramos de produtos alimenticios valorados en 309.224,2 euros. Para atender todo o volume de familias que hai na cidade é fundamental a achega cidadá, e por iso desde a Fundación Amigos de Galicia, solicitan aos cidadáns de Pontevedra toda a súa colaboración.
O Obradoiro de Emprego do Concello de Pontevedra colaborará na atención do posto de recollida.