Rías Baixas cualifica a vendima de este ano como "escasa", pero dunha calidade "excepcional"
Por Alejandro Espiño
Unha vendima "escasa" pero dunha calidade "excepcional", mellor incluso que a do ano pasado. ÿ o primeiro diagnóstico da D.O. Rías Baixas con respecto á actual campaña de vendima. Segundo o director técnico da denominación, Agustín Lago, frente aos 41 millóns de quilos de uva recollidos en 2011, "un nivel récord que non é normal", colleitaranse este ano entre 16 e 18 millóns de quilos de uva.
O normal para a D.O. Rías Baixas, dixo Agustín Lago, é estar por encima dos 25 millóns de quilos. A caída da produción neste ano estaría relacionada, explicou, polas condicións climatolóxicas da pasada primavera, un momento crucial para la floración "durante el cual se produjo un gran corrimiento de la uva, debido a las temperaturas bajas y el excesivo grado de humedad".
A pesar de esto, Rías Baixas asegura estar "muy contentos" coas primeiras análises realizadas á uva recollida. "Los mostos son muy aromáticos, está muy equilibrada y eso es lo que se busca", explicou Lago. "Parece que siempre decimos lo mismo, pero esta vez es lo que estamos viendo, el final del verano tan seco nos ha favorecido mucho". Aínda así advertiu que "es muy pronto para saberlo" xa que trala fermentación do mosto faranse os estudos definitivos.
Esa aposta pola calidade será, segundo o director técnico de Rías Baixas, a prioridade da denominación nos próximos anos. "Para diferenciarse y defender nuestros vinos es imprescindible respetar unos parámetros de calidad", afirmou. "Hay mucha competencia en el sector, los vinos se hacen cada vez mejor en todo el mundo. Los viticultores y las bodegas, dentro de las dificultades económicas, se están poniendo las pilas. Ese es el camino".