Achan un puñal nas excavacións da Lanzada
Por Redacción
As escavacións que a Deputación de Pontevedra está a realizar na Lanzada permitiron localizar un puñal que podería pertencer ó século IV a.C ou mesmo a un período anterior. Apareceu con artefactos do século II A.C. pese a que é moi anterior a ese século,
Segundo informou a Deputación, o equipo de especialistas da institución provincial formula na actualidade dúas posibilidades sobre o artefacto: ou ben que sexa un puñal de antenas de tipo Lebosandaus, moi común na Idade de Ferro en Galicia e na Meseta, ou ben que sexa un puñal da Idade do Bronce final de tipo chipriota.
Os especialistas aseguran que a situación do puñal é unha novidade. Se ben nos anos 70 do século pasado apareceron xa dous puñais asociados a cabanas, neste caso o achado tivo lugar nun espazo alleo ás residencias. De feito, cren que ese puñal era unha especie de reliquia.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción por este último achado que confirma as expectativas formuladas no inicio respecto deste xacemento e avanzou que os traballos no campo da Lanzada continuarán ata o mes de xaneiro debido aos materiais que están a aparecer a diario no xacemento.
Desde o comezo da intervención na Lanzada atopáronse 15 esqueletos, varias fíbulas e restos de media ducia de 'sigilitas' gravadas que poñen de manifesto a orientación comercial do asentamento da Lanzada. Atopáronse restos situados entre a Idade de Bronce e do Ferro, tamén achados de cabanas de madeira do século VI a.C., construcións de mampostería de plantas circulares e anguladas, así como restos de edificacións de plantas complexas (século II-III d.C.), dunha necrópole dos séculos III-IV d.C. ou dunha fortificación para a defensa da costa contra as invasións normandas do século X d.C.
Relacionadas:
-
Comezan os traballos para acondicionar o xacemento da Lanzada
Por Redacción |
-
Os arqueólogos atopan na Lanzada os restos doutro menor
Por Redacción |
-
Localizan pezas de cerámica de luxo no castro da Lanzada
Por Redacción |
-
Cornelia é do século V, Miami confirmouno
Por Oskar Viéitez |
-
O achado dos esqueletos dun bebé e dous adolescentes eleva a dez os restos localizados no xacemento da Lanzada
Por Redacción |
-
O goberno de Carmela Silva decide retomar os traballos de escavación no campo da Lanzada
Por Redacción |
-
Cornelia viaxa a un laboratorio de Miami para someterse á proba do Carbono 14
Por Anxo Lourido |
-
Achan un esqueleto dunha muller nova no xacemento da Lanzada
Por Redacción |