O novo Savoy recuperará a "esencia" do histórico local, "se acercará a lo que era antes"
Por Natalia Puga
Daniel Goday Díaz non sabía da existencia o bar Savoy ata que llo mostrou o seu socio Eduardo Fernández Soto. De pais galegos, naceu en Bos Aires e tan só leva en Pontevedra 12 anos. Aínda Que dende o principio lle "encantó" a cidade, estivo máis vinculado ao Grove. Non obstante, en canto o seu socio llo mostrou empezou a recompilar datos e fotos históricas do Savoy e agora converteu "recuperar la esencia que tenía antes" nun dos seus retos de cara a "un período largo de tempo".
Daniel Goday e Eduardo Fernández son os novos inquilinos do bar Savoy e teñen a intención de abrir as portas do histórico local en Semana Santa, se ben non se atreven a poñer unha data concreta porque "no queremos apresurarnos, no abriremos hasta que tengamos todo definido, la obra terminada y el personal preparado". Serán moi coidadosos en cada detalle, pues "sabemos que la reapertura va a ser un examen de la gente de Pontevedra".
Dende que hai un par de días empezaron a traballar no interior do local xa foron decenas os pontevedreses que se achegaron para interesarse no futuro inmediato deste edificio incluído no Catálogo do Conxunto Histórico-Artístico da cidade. Es increíble. No sabía lo importante que es para la gente de Pontevedra, pero me estoy dando cuenta de que está muy unido a la ciudad", indica Daniel Goday.
O proxecto tenos "muy contentos", pero recoñecen que toda a historia que hai detrás das vidreiras do Savoy lles impón respecto. Queren estar á altura das espectativas que saben que xeraron. "El Savoy es una cafetería mítica de Pontevedra y como tal tiene que ser tratada" e para iso se propuxeron recuperar "la esencia que tenía" aquel local que abriu as súas portas en 1936 e estivo vinculado á vida social, política e cultural de Pontevedra ata que pechou as súas portas hai dez anos, "acercarnos a lo que era antes".
Volverá ser "una cafetería en la que puedas tomar un café sentado".
Un dos elementos que pretenden poñer en valor dos 141 metros cadrados de superficie construída que ten o local son os restos da última ampliación da muralla medieval de Pontevedra, da segunda metade do século XV, aos que está pegado o inmoble. Aínda están a estudar como facelo, pero "pondremos una placa o algo, para que se sepa, para valorarla, no para la gente de Pontevedra, que ya sabe qué tiene delante, sino para los que vienen de fuera". Tamén recuperarán a historia do local, do que recuperaron algunhas fotos antigas, e pretenden que o piso superior sexa "un homenaje a Pontevedra" e ás súas prazas a través de vinilos ou fotografías.
Ademais, explotarán as oportunidades que lles ofrece a terraza situado na esquina entre as prazas da Ferrería e Ourense e os Xardíns de Casto Sampedro. As terrazas son "envidiables en todas las de Pontevedra" e coidarán ata o mínimo detalle para que a do Savoy volva converterse no punto de encontro que foi no seu tempo.
O histórico local viviu unha transformación total antes da súa última apertura en 2011, máis orientado a un negocio de hostalaría de estilo moderno. Os seus novos responsables non o cambiarán por completo, pero si que "haremos cambios muy visibles". Para empezar, "lo vemos muy blanco" e, ademais, pretenden redeseñar a planta baixa de tal forma que se converta en "una cafetería en la que puedas tomar un café sentado".
"Esperamos que os cambios sexan do agrado da xente", confían, e engaden que os dous socios serán "la cara del negocio". Aínda que terán empregados, "detrás de la barra, el cliente nos tendrá a nosotros". Serao durante todo o día, "abriremos a las ocho de la mañana para dar desayunos y cerraremos cuando toque, pero en el piso de arriba tendremos un restaurante y daremos comidas y cenas".