Mellores sinais para circular por Marín
Por Redacción
Marín está a renovar os seus sinais de indicación turística a través do traballo da empresa adxudicataria deste servizo. Nas zonas de praias ou dos petróglifos de Mogor xa se modificaron e instalado os paneis indicativos, ademais da información necesaria nas zonas de areais.
Estes traballos iranse completando coa colación doutros sinais co obxectivo de mellorar a imaxe desde o punto de vista informativo e facilitar, desa forma, o movemento dos turistas pola vila.
Uns totems situaranse na entrada ao municipio en varias direccións, modernizando a imaxe de entrada e de saída ao termo municipal, segundo apunta o goberno local.