Os Premios Ernestina Otero poñen o ramo os actos do 25-N
Por Mónica Patxot
A entrega dos Premios Ernestina Otero puxo este luns o ramo aos actos contra a violencia de xénero desenvolvidos polo Concello co gallo do 25-N.
Nunha cerimonia celebrada na Casa das Campás, recolleron os seus premios Tamara Fernández Amosa, Bárbara Penas Rey e Ignacio Márquez Collazos, na categoría de traballos de fin de grao e Rebeca López Villar na categoría de traballos de fin de máster.
Estes premios están promovidos pola Concellería de Igualdade coa fin de incorporar a perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster para os alumnos das universidades galegas. Precisamente a concelleira Carmen Fouces fixo balance das campañas do 25-N coas que quedou acreditado o rexeitamento social á violencia de xénero e tamén visibilizada a pirámide da violencia que ten ás mulleres como vítimas.
A campaña #PrimAcoso nas redes (facebook e twitter) "mudou a mirada" sobre a violencia de xénero, subliñou Carmen Fouces. Máis de 1.500 comentarios en primeira persoa, 1,5 millón de contas acadadas e máis de 4 millóns de impactos falan da repercusión da campaña que tiña como obxectivo denunciar a primeira situación de acoso, trato vexatorio, humillación o menosprezo vivido polo feito de ser muller.
Pontevedra sumouse á campaña "En negro contra a violencia de xénero" desenvolvida por 17 concellos de Galicia e que tinguiu de negro os comercios e negocios locais. En Pontevedra foron arredor de 300 os establecementos que participaron da iniciativa de Pontevedra en negro. Repartíronse máis de 1.500 camisetas, máis de 300 cartaces, máis de 2.000 metros de cinta "policial" contra a violencia de xénero, 300 paraugas ademais de pegatinas e vinilos.
Os establecementos quedaron con camisetas e cintas co fin de que volvan a tinguirse de negro se houbese algún novo caso de asasinato machista.
A concelleira de Igualdade tamén agradeceu á comunidade educativa a súa implicación na campaña do 25-N. A cadea humana feita por escolares sumou 3.200 nenos.
Relacionadas:
-
Dous traballos do CEIP San Martiño e o IES Luis Seoane, gañadores dos Premios Ernestina Otero
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Educar para cambiar a mirada sobre a violencia machista
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Expresións artísticas que se converten en berros contra a violencia machista
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Os adolescentes ven na violencia e as condutas de risco unha característica da masculinidade
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- "Non se fai ningún favor ao menor manténdoo ante situacións violentas"
Por Marisa Ciordia |
-
Apoia a sociedade ás vítimas de acoso ou culpabilízaas?
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A terceira edición dos premios Ernestina Otero xa teñen gañadores
Por Redacción |