O deán da Catedral será o pregoeiro da Semana Santa
Por Redacción
A xunta coordinadora da Semana Santa de Pontevedra, leva xa tempo preparando os actos que no próximo mes de marzo terán lugar na nosa cidade para conmemorar a Semana Santa 2013. ÿ por iso que como ven sendo habitual nos últimos anos, haberá uns actos previos a desenvolver durante o mes de marzo previos aos días da Semana de Paixón.
Luns 11 de marzo. Pregón da Semana Santa 2013. Acto que consistirá en:
- 20,15 horas. Interpretacion de Motetes a cargo dos Ex-cantores do Coro do Instituto.
- 20,30 horas. Lectura do Pregón, a cargo de Segundo Pérez López, Deán da Catedral de Santiago de Compostela.
Este acto terá lugar no Teatro Principal.
Sábado, 16 de marzo. Santa Misa da Xunta Coordinadora, que será ofrecida polos falecidos da Xunta e de todas as Cofradías. Terá lugar na Real Basílica de Santa María a Maior.