Expresións artísticas que se converten en berros contra a violencia machista
Pontevedra é unha cidade, segundo Carmela Silva, "comprometida" coas políticas de igualdade e o Concello é "activista" na loita contra a violencia de xénero. Por iso, a Deputación elixiu precisamente a capital da provincia para celebrar o seu acto central deste 25 de novembro, Día internacional contra a violencia sobre a muller.
Fíxoo cunha das actividades incluídas no programa Mulleres en acción #violencia zero, posto en marcha en colaboración con 25 concellos da provincia e que, en palabras da súa comisaria, Paula Cabaleiro, tenta converter diferentes expresións artísticas en "berros" contra a violencia de xénero.
Así, a praza da Ferrería acolleu unha sesión de grafiti a cargo da artista pontevedresa Sax, que pretendía ser unha reivindicación en contra tanto da violencia machista como da violencia multixénero, tanto homofóbica como transfóbica, rexeitando como persoas a quen a fomenta e a executa.
Arranca así un programa que, ao longo do próximo ano, ofrecerá diferentes performances, obras de teatro, espectáculos de danza, recitais de poesía, concertos de música ou accións de intervención pictórica nos concellos da provincia.
Na súa intervención, Carmela Silva reclamou que a violencia de xénero sexa unha "prioridade" para todas as administracións, ante as "inasumibles" cifras que deixa esta lacra social en España con 40 mulleres mortas no que vai de ano -866 desde 2003- e 129.123 denuncias presentadas en España, 2.245 delas na provincia de Pontevedra.
Ademais, a presidenta da Deputación sinalou que o teléfono gratuíto de atención a vítimas de violencia de xénero -que non deixa rastro na factura- recibe catro chamadas ao día de mulleres pontevedresas e que 310 mulleres da provincia contan actualmente con protección policial fronte os seus maltratadores.
Por iso, Silva esixiu un pacto de Estado nesta materia para poñer todos os recursos sociais, sanitarios ou económicos posibles ao servizo da loita contra esta "lacra social" e acabar cunha situación que "avergoña a nosa sociedade". Dixo que "é o momento de dar un paso cara adiante" contra a violencia machista.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, sumouse a esta petición dun pacto social e político para "cambiar as cousas", aínda que lembrou que non todos os casos de violencia machista saen nas estatísticas porque "hai moita que non sae á luz" e sobre a que deben enfocar tamén as súas accións os organismos públicos.
Fernández Lores asegurou que a violencia de xénero é un asunto que "vai a levar anos corrixir" porque "queda moito por facer" nesta materia, especialmente en relación cos mozos e os centros educativos. Iso si, destacou que "estamos na boa dirección".
Relacionadas:
-
O programa Violencia Zero chega ao IES de Poio
Por Redacción |
-
A actriz Casilda Alfaro reflexiona en Bueu sobre a violencia machista
Por Redacción |
-
Carmela Silva pide rematar coa lacra do machismo nun acto de 'Violencia Zero' en Marín
Por Redacción |
-
Os Premios Ernestina Otero poñen o ramo os actos do 25-N
Por Mónica Patxot |
-
A aula de teatro do CIM pecha a programación do 25-N abarrotando o Teatro Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Educar para cambiar a mirada sobre a violencia machista
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Os adolescentes ven na violencia e as condutas de risco unha característica da masculinidade
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- "Non se fai ningún favor ao menor manténdoo ante situacións violentas"
Por Marisa Ciordia |
-
Apoia a sociedade ás vítimas de acoso ou culpabilízaas?
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |