As Rías Baixas manteñen as súas 'estrelas Michelín'
Por Redacción
Non hai cambios na lista de restaurantes galegos galardoados cunha Estrela Michelín, un dos recoñecementos máis apreciados polo sector. As Rías Baixas, por tanto, mantén as súas seis estrelas, catro delas na área de influencia de Pontevedra. Pepe Solla, Xosé Cannas, Yayo Daporta e Javier Olleros lograron manter o seu status.
Así, Casa Solla e Pepe Vieira (Poio), Yayo Daporta (Cambados) e Culler de Pau (O Grove) volven revalidar a súa Estrela Michelín, un premio do que gozan xa desde hai varios anos.
Aínda que moitos críticos apuntaban á posibilidade de que o primeiro deles puidese ser o primeiro restaurante galego en contar con dúas estrelas, finalmente non foi así.
Xunto a eles, tamén manteñen esta distinción Maruja Limón (Vigo) e Silabario (Tui).
En total, Galicia mantén os seus trece Estrelas Michelín para outros tantos restaurantes. A lista complétase con Nova (Ourense), Casa Marcelo (Santiago), A Estación (Cambre), Árbore da Veira (A Coruña), Retiro da Costiña (Santa Comba), As Garzas (Malpica de Bergantiños) e Alborada (A Coruña).
Na gala celebrada en Xirona, o gran triunfador foi Martín Berasategui. Converteuse no primeiro español en contar con dous restaurantes galardoados con tres Estrelas Michelín. Xa as tiña co establecemento de Guipúscoa que leva o seu nome e agora conseguiuno con Lasarte, o restaurante que ten en Barcelona.
Relacionadas:
-
Pepe Vieira proxecta converter o seu restaurante de Raxó nun Hotel da Natureza
Por Alejandro Espiño |
-
Os sabores 'atlánticos' de Pepe Solla, protagonistas do seu novo restaurante en Valencia
Por Alejandro Espiño |
-
Pepe Solla cociñará en Bruxelas para os líderes dos 28 países da Unión Europea
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Pepe Solla presentará o seu libro "Cuando lo ancestral se hace eterno" en decembro en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Fernando Alarza, nos fogóns xunto a Javier Olleros para a televisión do COI
Por Alejandro Espiño |
-
Pepe Solla declara o seu amor desde o balcón
Por Oskar Viéitez |
-
Dos fogóns pontevedreses ao Festival de Cine de San Sebastián
Por Alejandro Espiño |