E ti, sabes circular en bici pola cidade?
Por Redacción
A asociación Pedaladas acaba de empezar o proxecto piloto do programa formativo Ao INSTIenBici. O programa empezou a impartirse no IES Sanchez Cantón e está programado tamén no IES Frei Martín Sarmiento.
Un grupo de 25 rapaces por instituto vai recibir unha formación moi necesaria de uso da bicicleta dunha forma segura.
Quique Pérez, voceiro de Pedaladas, explicou que o principal obxectivo do curso é mellorar o coñecemento das normas de tráfico dos alumnos, isto é, conquerir unha "mellor convivencia".
O obxectivo fundamental é que os rapaces aprendan a normativa e a forma correcta de desprazarse usando unha bicicleta. Pedaladas considera que aínda que non se convertan en usuarios de bicicleta este curso facilítalles unha formación básica das normas e condutas seguras nos seus desprazamentos pola rúa.
Outros dos obxectivos son fomentar a mobilidade sostible a pé e coa bicicleta e dotar aos alumnos de habilidades e confianza para usar a bicicleta.
O 62% dos rapaces que participan no curso admitiron que teñen medo a circular coa bicicleta pola calzada. Este curso axuda a mellorar as habilidades e fomenta a confianza nas propias posibilidades de desprazarse cunha bicicleta.
Os rapaces nesta idade son dependentes nos seus desprazamentos. Por este motivo outra das finalidades do curso é facilitarlles unha ferramenta que lles de máis autonomía e que non sexan tan dependentes dos seus país ou familiares para facer desprazamentos de entre 2 e 7 quilómetros.
XORNADAS DO CURSO
O curso está dividido en catro bloques dependentes polo que é preciso completar as catro xornadas de forma consecutiva para ter a acreditación completa.
Ata agora completouse unha primeira xornada que consistiu nunha charla impartida entre Pedaladas e a Policía Local onde se explicou a normativa e a estratexias de desprazamentos seguros. Incluiu un exame de tipo teórico.
A segunda xornada servirá para mellorar equilibrio, coordinación, manexo e impartiranse unhas nocións de mecánica. E a terceira xornada arrancará cun exame práctico nun circuíto pechado para comprobar se o alumno estra preparado para saír a rúa. Nas practicas impártense estratexias de circulación segura para ciclistas.
Finalmente haberá unha experiencia na rúa con tráfico real. É unha saída á rúa acompañados da Policía Local onde se van a poñer en practica co tráfico real as competencias que se impartiron durante todo o curso. É de especial importancia o traballo en intersección e nas rotondas.
O BIKEABILITY
A metodoloxía que usa o curso Ao INSTIenBICI ven do sistema ingles Bikeability que xa formou a dous millóns de nenos en Reino Unido. O sistema é case na súa totalidade práctico, a diferencia da formación habitual. En España hai experiencias similares en Vitoria, Zaragoza, Barcelona, Tarrasa... con gran éxito. Só na cidade de Zaragoza 1.400 rapaces recibiron este tipo de formación.
En España, este tipo de cursos son unha novidade da ultima década pero en Inglaterra levan 40 anos co programa, en Holanda a formación ciclista está incorporada nas aulas e existen experiencias similares en Alemaña e Bélxica.
O FUTURO DO INSTIenBICI
A concelleira de Protección e Seguridade Cidadá, Carme da Silva, felicitou á Asociación Pedaladas por esta iniciativa que nesta primeira edición quedou limitada a dous centros e dous grupos xa que están nunha fase piloto. Se a experiencia é satisfactoria o Concello agarda que o ano que ven se poida estender a máis grupos e centros xa que a demanda formativa é grande.
O obxectivo que compartes Pedaladas e o goberno Local é que a longo prazo a maioría dos rapaces dos institutos e colexios de Pontevedra reciban unha formación en seguridade viaria, que fagan as súas practicas cunha bicicleta e fomentar a mobilidade en bicicleta no grupo dos menores de idade.
Relacionadas:
-
Esta próxima semana "Ao InstienBici" na Xunqueira 2 e no Sánchez Cantón
Por Redacción |
-
O Concello tramita a compra dun radar para a Policía Local
Por Redacción |
-
Pedaladas pide que non se usen ós ciclistas como arma no conflito laboral da Policía Local
Por Oskar Viéitez |
-
Representantes da Policía Local reclaman ao goberno de Lores a regulación dos ciclistas
Por Redacción |
-
Pedaladas pide axudas para que nenos con discapacidade teñan unha bici adaptada
Por Redacción |
-
Veciños, comuneiros e ciclistas 'custodian' o monte de Salcedo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Fomentan entre os adolescentes o uso da bicicleta para trasladarse aos institutos
Por Redacción |
-
Aos colexios de Monte Porreiro a pé e aos institutos en bici, próximas novidades dos Camiños Escolares
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |