Artesanía e roupa de comercio xusto nun novo rastro sostible da ONG Amarante
Por Alejandro Espiño
Produtos de artesanía e roupa de comercio xusto a prezos de liquidación. ÿ a oferta que fai a ONG Amarante Pontevedra cunha nova edición do seu rastro solidario. Será este sábado 2 de marzo. Nel, as persoas que estén sensibilizadas con un consumo responsable poden acceder máis facilmente a este tipo de produtos éticos, de elevada calidade e sostibles medioambientalmente, din desde este colectivo.
Este rastro celebrarase na Praza de Ourense, en horario de 11.00 a 18.00 horas, e poderase atopar artesanía feita con materias primas naturais dos países de orixe (India, Senegal, Vietnam, Ecuador, Nepal, Chile...), impregnada da cultura e da arte das comunidades produtoras, que producen e venden estas pezas únicas dentro do circuito comercial de respecto e dignidade do comercio xusto.
Os seus visitantes poderán atopar téxtiles pintados a man con tintes naturais (manteis, foulares, bolsos...), bisutería (colares, pendentes, pinzas, pulseiras...), cerámica elaborada e pintada a man (xogos de té e café, tazas, bowls...), roupa de texidos naturais (vestidos, saias, camisas, camisetas, pantalóns, gorros, bufandas, guantes...) ou inciensos e obxectos de decoración (marcos de fotos, xarróns, bandexas, lámpadas...).
Ao mesmo tempo tamén se celebrará un Mercado Transparente, como xa ven sendo habitual en Amarante, onde se porán á venta produtos de alimentación que respetan os dereitos das persoas e o medio ambiente, como son os produtos de comercio xusto provenientes dos países do Sur e os productos frescos e envasados galegos ofrecidos directamente polas persoas produtoras.
Participarán neste mercado o Grupo de Consumo Responsable de Pontevedra "A Gradicela" e o Sindicato Labrego Galego (SLG), que ademais colaborarán con Amarante dando información sobre as características de este tipo de consumo, ético e consciente, e as diferentes alternativas ás que podemos acceder como consumidoras e consumidores responsables.