Novas Xeracións do PP reclama medidas de control non acceso de menores ao botellódromo
Por Oskar Viéitez
A presidenta local de Novas Xeracións do Partido Popular, Seila Varela, pediu ao Concello de Pontevedra que incremente o control policial no recinto feiral durante o desenvolvemento dos botellóns "para evitar que os menores entren en contacto nunha idade tan temperá co consumo alcol".
Nunha rolda de prensa, Seila Varela apelou á concienciación de todos os sectores nun fenómeno no que "todos estamos implicados".
A portavoz de Novas Xeracións (NNXX) sinalou que práctica do botellón en Pontevedra "segue gañando adeptos" e asegurou que o 98% dos menores que acoden o botellódromo admite que consome alcol.
Ante esta preocupante situación NNXX solicita ao goberno local que modifique a ordenanza que, desde o ano 2008, regula o espazo habilitado para a práctica do botellón, xa que dita normativa, segun dixo Seila Varela, "no contempla los supuestos ante el consumo de bebidas alcohólicas por parte de los menores".
Ademais propoñen retomar as campañas de concienciación no propio recinto feiral.
PEÑAS
En relación coa celebración das peñas no mes de agosto, desde NNXX de Pontevedra consideran necesario que o goberno local delimite a dous ou tres zonas concretas o espazo no que poder desenvolver o botellón, "una medida que sin duda facilitaría el trabajo a la policía local", indicou Seila Varela, evitando a "imagen lamentable" que ofrece a cidade e os "inconvenientes" que supón tanto para os veciños como para os transeúntes.
Relacionadas:
-
RADIO.- Unha década sen botellón no centro histórico
Por Marisa Ciordia |
-
Identifican varios menores consumindo alcohol en Pontevedra, Marín e Caldas
Por Redacción |
-
Menos prohibir e máis educar, as mocidades do BNG recrimínanlle ás do PP polo botellón
Por Oskar Viéitez |
-
A prevención do botellón, unha tarefa que implica a todos os servizos municipais
Por Natalia Puga |
-
A valedora do pobo pide maior conciencia de familias e autoridades sobre os menores nos botellóns
Por Redacción |
-
Unha menor pontevedresa de 13 anos, ingresada por intoxicación etílica
Por Natalia Puga |