Durmindo na rúa malia o frío
Por Oskar Viéitez
A Concellaría de Benestar Social activou o pasado venres, 22 de febreiro o protocolo de frío por mor das malas condicións climatolóxicas.
Durante este tempo os dous albergues da cidade: San Javier, de Cáritas (con 20 prazas) y Calor y Café, da Asociación San Vicente de Paúl (18 prazas) estiveron ocupados e once persoas estiveron aloxadas no hostal conveniado con Redeaxuda.
No municipio hai recursos dabondo como para que ninguén pase a noite á intemperie. Ainda así sempre hai persoas que insisten en durmir na rúa. Pensando neles a Policía Local percorreu todos os espazos que soen empregar as persoas que viven na rúa facendo reparto de roupa de abrigo (roupa interior, mantas e sacos de durmir).
Igualmente voluntarios de Protección Civil intensifican a vixilancia nos lugares habituais destes senteito para ofrecerles tamén vasos térmicos con café quente.
Os albergues estiveron cheos todos os días e unha media de 3 a 5 persoas foron derivadas todos os días ao hostal
A alerta aínda está activada, pero esta ola de frío serviu para por a proba o protocolo de frío activado polo Concello de Pontevedra.
Comprobouse que funciona, e serviu para reducir a burocracia e actuar con gran rapidez sempre baixo control das asociacións e entidades que participan nestes procesos.
Os albergues estiveron cheos todos os días e unha media de 3 a 5 persoas foron derivadas todos os días ao hostal que colabora con Redeaxuda.
Relacionadas:
-
Activan o protocolo de frío para persoas sen hogar ante as baixas temperaturas destes días
Por Redacción |
-
Sen teito, pero non desatendidos
Por Redacción |
-
"¿Cuándo duermes en la calle y hace frío? Yo pienso en Jamaica"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un indixente ferido tras incendiarse os cartóns cos que se protexía do frío
Por Oskar Viéitez |