A capacidade de dialogar comeza por desenvolver esa habilidade cun mesmo. Unha vez que se consegue temos o goberno da propia vida desde o goce. Con todo, hai crenzas e formas de proceder erróneas como exporse obxectivos desde a competición e non desde a cooperación.
Para desenvolver a capacidade de diálogo hai que ter intención de cambiar, capacidade de organizarse e de buscar solucións. Unha formulación que aplicamos e facemos extensible desde o ámbito persoal, de parella, familiar, laboral, ata o político.
María González González é enfermeira, matrona, formadora en benestar e "instaladora de novo software subconsciente". Ela explícanos -cada quince días en PontevedraViva Radio-, como funciona o noso corpo e a nosa mente, así como as ferramentas para cambiar esas crenzas subconscientes que xeran pensamentos e emocións que nos limitan e impiden gozar da vida.