40 empresarios de Hong Kong percorren O Salnés e Pontevedra
Por Redacción
O Obradoiro de Hostalería do Salnés, situado en Sanxenxo, organizou este xoves 10 unha comida para un grupo de empresarios de turismo internacionais, de Hong Kong, que durante dous días permanecerán na comarca convidados pola Mancomunidade do Sanés, dentro do acordo de colaboración co Concello de Pontevedra.
A delegación chinesa está composta por corenta operadores de turismo, que pernoitaron en Sanxenxo para despois desprazarse a Cambados onde visitaron unha adega e coñeceron o patrimonio histórico-artístico da vila.
O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, recibiunos á súa volta ao municipio turístico, en compañía de alcaldes da comarca do Salnés e concelleiras de turismo. Os visitantes percorreron tamén A Lanzada e desprazáronse ao Grove, ademais da Combarro, en Poio.
Durante este venres visitarán Pontevedra, acompañados por Celestino Lores, presidente da asociación Amigos do Camiño Portugués, que farán un tramo do Camiño portugués. Ademais, serán recibidos polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, ás 16.30 horas na Casa da Luz.
Relacionadas:
-
A comarca do Salnés ábrese paso no mercado chinés
Por Redacción |
-
Sanxenxo, á caza do turismo chino
Por Redacción |
-
O PP denuncia que Lores pagou unha cea a empresarios chineses en Combarro
Por Redacción |
-
Un premio en Shenzhen e unha conferencia en Pekín, novos fitos de Pontevedra na China
Por Alejandro Espiño |