Combatendo o frío a ritmo de fanfarria
Por Oskar Viéitez
Luvas, chapeu, bufanda para quitalo frío o mellor e unha boa fanfarria.
A pesares das baixas temperaturas os cidadáns que pasaban pola praza da Peregrina non deixaron de movelo esquelete ao compás da música de "Taquikardia". "Somos a metade dunha fanfarria, hoxe viñémos só cinco compañeiros", preséntanse estes mozos de Pontevedra, Vigo, Noia e Redondela.
Ademáis da sua animada selección musical chama a atención o cartaz co que se presentan "Escuchar música es gratis. Ser músico cuesta tiempo y dinero".
O cidadán que decida dar unha axuda a estes mozos ten seis cuncas onde escoller o destino final dos cartos: Instrumentos e material, comer beber vivir, grabar un disco, estudio ensayo, duros incios e finalmente a voluntad.
A cunca máis chea é a dedicada a grabar un disco.