Escolares pontevedreses reflexionan sobre o amor, os prexuizos e os estereotipos
Por Redacción
O CEIP Vidal Portela acolleu este sábado a quedada entre o alumnado que participou no programa nAmorAndo, deseñado pola Concellaría de Igualdade para os colexios de Primaria e Secundaria da cidade, para elaborar o mural creado por eles mesmos e que quedará exposto no valado do CEIP Vidal Portela.
En nAmorAndo reflexiónase sobre o amor, os estereotipos, os prexuizos e as relacións en pé de igualdade.
O programa consta de varios obradoiros nos centros educativos nos que se aproveita para recoller datos sobre a visión dos adolescentes e preadolescentes das relacións amorosas.
O próximo día 22 de novembro celebrarase un encontro co profesorado, alumnado e pais para facer públicos os datos deste ano e poder ver o vídeo que recolle os mellores momentos do transcurso do programa deste ano.
Relacionadas:
-
Estes son algúns dos estereotipos sexistas que seguen asentados entre nenos e adolescentes de Pontevedra
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Escolares pontevedreses sacan a venda do 'Felices para sempre'
Por Redacción |
-
Os escolares seguen crendo no amor romántico con voda
Por Redacción |
-
Chega San Valentín. Atención: Non é amor, é machismo
Por Redacción |
-
E ti, es un 'princesiño' ou unha 'principiña'?
Por Alejandro Espiño |
-
"Isto non é amor"
Por Natalia Puga |