Cambados, elixida Cidade Europea do Viño 2017
Por Oskar Viéitez
Cambados vén de ser elixida "Cidade Europea do Viño 2017", superando así outras vilas españolas de gran peso vitícola como Aranda del Duero (Burgos), Villafranca del Penedés (Barcelona) e La Palma del Condado (Huelva).
A comarca do Salnés, en xeral, e Cambados, en particular, destacan na produción de viño dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Grazas a este distintivo, a Mancomunidade do Salnés poderá seguir presumindo da calidade dos seus viños e ofrecer no vindeiro ano unha serie de actividades vinculadas á enoloxía e ao enoturismo. Incluso contempla accións internacionais xunto co Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas que consisten nun intercambio con Irlanda.
O Concello de Cambados foi elixido na noite deste venres como Cidade Europea do Viño 2017 no transcurso dunha gala celebrada pola Rede Europea de Cidades do Viño (Recevin) e que tivo lugar en Palmeira, no país veciño de Portugal.
RECEVIN
A Rede Europea de Cidades do Viño (Recevin) está integrada por 800 urbes de toda Europa, entre as que destacan as de países como Italia, Portugal e España, pero tamén participan localidades de Francia, Alemaña, Grecia e Polonia.
A entidade organiza este concurso no marco de actividades de promoción e difusión do enoturismo e considérase unha oportunidade única para potenciar o desenvolvemento da riqueza, diversidade e os rasgos comúns da cultura do viño a nivel europeo, ofrecendo un mellor coñecemento da paisaxe, a economía, a gastronomía e o patrimonio da zona elixida.
Relacionadas:
-
Cambados acollerá un Festival Rías Baixas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os ecos de Cambados como Cidade Europea do Viño chegan a Fitur
Por Redacción |
-
Cambados aposta forte polas actividades do proxecto de Cidade Europea do Viño 2017
Por Redacción |
-
Cambados aposta forte polas actividades do proxecto de Cidade Europea do Viño 2017
Por Redacción |
-
Os "millennials" impulsan o consumo do albariño
Por Oskar Viéitez |
-
Os viños galegos amosarán as súas variedades de sabor na Casa da Luz
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |