Ramón Jáudenes, reelixido decano dos avogados pontevedreses por cinco anos máis
Por Redacción
Ramón Jáudenes López de Castro será decano do Colexio de Avogados de Pontevedra durante cinco anos máis. Acaba de ser reelixido nas eleccións á Xunta de Goberno do órgano colexial liderando a única candidatura que se presentou.
Jáudenes, decano dos avogados pontevedreses desde decembro do ano 2011, lideraba unha candidatura na que se lle acompañaban como deputados Juan Carlos Abeigón Vidal, Juan Ramón Piñeiro Bermúdez, Isabel Sueiro Torres e María Pilar Moledo Santiago e, como bibliotecaria-contadora, Xema Rial Rodríguez. O resto dos cargos da Xunta de Goberno non había que renovalos nestas eleccións.
Finalizado o prazo para a presentación de candidaturas para a elección para cubrir as postos vacantes, e vista a presentación dunha única candidatura, os Estatutos do Colexio Provincial establecen que sexan proclamados candidatos electos os integrantes desta lista.
Nacido en Pontevedra o 19 de marzo de 1963, Jáudenes licenciouse en Dereito pola Universidade de Alcalá de Henares e é avogado en exercicio e titular de despacho profesional en Pontevedra desde 1990. É profesor da Escola de Práctica Xurídica Teucro Iuris, do Colexio de Avogados de Pontevedra, e do Máster en Avogacía da Universidade de Vigo e o Colexio de Avogados de Pontevedra.
Ademais, é é secretario xeral doConsejo General de la Abogacía Española; vogal primeiro e secretario-tesoureiro do Consello da Avogacía Galega; conselleiro do Consejo General de la Abogacía Española; e membro de la Real Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación
Relacionadas:
-
Ramón Jáudenes, decano dos avogados pontevedreses, pasa a presidir o Consello da Avogacía Galega
Por Redacción |
-
Un minuto de silencio dos avogados pontevedreses para lembrar a Fernando Romay
Por Redacción |
-
Os avogados de Pontevedra, líderes galegos en tramitación de Xustiza gratuíta
Por Redacción |