Estrea municipal entre furanchos, preferentes e Ana Pastor
Por Oskar Viéitez
Rosa Picallo, Miguel Anxo Meijón e Eloisa Nogueira xuraron hoxe os seus cargos de concelleiros do Partido Popular na corporación de Pontevedra. Fixérono baixo a atenta mirada do ex edil popular, José Manuel Guillán, presente entre o público, e co "desexo dous maiores éxitos na súa xestión a prol dous ciudadáns", expresado polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), hoxe embutido nunha camiseta celeste dos afectados polas preferentes.
E é que un numeroso grupo de integrantes da plataforma de Marín e Pontevedra seguiron desde o patio de butacas o debate plenario, refrendando cos seus aplausos o voto unánime dos tres grupos municipais á moción presentada polos propios afectados na que esixen a devolución inmediata dos seus aforros.
En Pontevedra hai uns 2.100 afectados pola compra de participacións preferentes e obrigacións subordinadas, deles 1.500 solicitaron a arbitraxe aínda que só foron aceptados 480 aos que xa devolveron os seus aforros. ÿ dicir, no municipio de Pontevedra 1.700 familias teñen "secuestrados os seus aforros".
Así o explicou Rosana Prado, portavoz desta Plataforma que agradeceu o "apoio e solidariedade da corporación coas persoas afectadas" á vez que esixía que "busquen soluciones para su problema y el gesto no se quede en un paripé". "Según nos anunció José María Castellano, a principios del mes que viene empezarán a hacer el canje por lo que el arbitraje tiene los días contados", advertiu.
Outro colectivo presente hoxe no pleno foi o dos furancheiros que igualmente aplaudiu tras votar BNG, PP e PSOE a favor da nova ordenanza que regula os loureiros no municipio.
E aínda que físicamente non estaba no Teatro Principal, a Ministra de Fomento, Ana Pastor, tamén foi protagonista no pleno polas medidas adoptadas para rebaixar o custo da peaxe de Rande. O voceiro popular, Jacobo Moreira, esixiu ao goberno local unha felicitación pública á Ministra por "gallardía, hombría, honradez e cortesía". A iniciativa foi rexeitada pola maioría BNG e PSOE.