Hoxe no colexio os nenos pasárono de medo
Por Oskar Viéitez
Os colexios e escolas infantiles celebran estes días o Samaín con diversas actividades destinadas a que os máis cativos puideran gozar con esta festa tradicional galega.
Os profes organizan concursos de cabazas, manualidades relacionadas coa temática desta festa e outras actividades "terroríficas" coma os xogos de sombras, a execución de conxuros ou a toma de "pocións misteriosas".
Ademais tamén puideron xogar a pintar a cara e este venres, desenvolveron unha festa de disfraces relacionados co medo.
Deste xeito, os alumnos puideron coñecer de primeira man esta festa galega de orixe celta que supón un achegamento ao mundo dos defuntos a través da lenda que marca o remate real do verano e a chegada dos espíritos e do inverno.
MARÍN
O próximo día 31 de outubro no Multiusos Praza de Abastos de Marín celebrarase o Samaín, organizado pola asociación "Amigos dos rapaces" cun casa do terror, un magosto popular ás 20 horas, un gran concurso de cabazas e xa pola noite, un concerto de Breakin Bones ás 23 horas.
CUCAÑAS
Coincidindo con estas datas o Instituto Mestre Landín celebrou a oitava edición das Cucañas. O obxectivo desta actividade é fomentar a cohesión entre o alumnado, en especial os recentemente chegados, a través dun xogo de pistas nunha xornada distendida con toda a comunidade educativa.
Como novidade este curso participou o alumnado e profesorado de 6º do CEIP Carballal, para iniciar a transición entre primaria e secundaria. Destacar a participación da asociación Xoán XXIII na elaboración dos premios, uns chaveiros feitos a man representando as emocións.
PONTE CALDELAS
En Ponte Caldelas a Asociación de Comerciantes (Coempo) e o Concello celebran esta fin de semana moi intensamente cun Magosto Comercial e un Samaín (que leva por nome Truco ou Trato) durante as xornadas de mañá, sábado, e o próximo luns.
Relacionadas:
-
Segue a festa que mete medo por toda a comarca
Por Redacción | Creada e actualizada
-
En Poio tamén é tempo de Samaín
Por Redacción |
-
Na procura da gruta das fadas
Por Oskar Viéitez |