Novo proxecto de reforma integral da estrada de Rebón en Moraña
Por Oskar Viéitez
O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, presentou este xoves á alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, unha proposta para reformar de xeito integral a estrada de Rebón (EP-0503), mellorar a seguranza viaria e garantir unha mobilidade sostible.
O proxecto inclúe plataformas elevadas nas interseccións, redutores físicos de velocidade, pavimentos diferenciados e zonas 30, así como tratamentos singulares en espazos como o acceso á igrexa, a parada do bus ou a zona do lavadoiro.
Así mesmo, renovaranse totalmente as canalizacións de augas pluviais para resolver a problemática actual de asolagamentos.
Uxío Benítez plantexou esta posibilidade logo de ter resolto o proxecto da variante de Rebón o pasado mes de xullo por ser unha obra "claramente ilegal", carecer de informes preceptivos ou ser insalvables, supoñer "afeccións gravísimas ao patrimonio" e non estar xustificada tecnicamente nin polo tránsito de vehículos.
O proxecto elaborado para a EP-0503 abarca un ámbito de actuación de 1.160 metros de lonxitude e 8.138 metros cadrados e ten un orzamento aproximado de 415.000 euros.
Relacionadas:
-
A alcaldesa de Moraña demanda á Deputación que retome a mellora da estrada provincial Mane-Rebón
Por Oskar Viéitez |
-
Uxío Benítez lamenta que os populares insistan publicamente en realizar obras ilegais
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG acusa á alcaldesa de Moraña de querer "manipular aos veciños de Rebón"
Por Redacción |
-
A alcaldesa de Moraña pide que se retome o proxecto de reforma de Louzán para a estrada de Rebón
Por Redacción |
-
Resolven contratos para obras en Moraña e Vilanova por "ilegalidades" do goberno de Louzán
Por Redacción |
-
19 empresas presentan ofertas para a construción da Variante de Rebón, en Moraña
Por Redacción |
-
Licitan as obras da variante de Rebón (Moraña), na que se investirá máis dun millón de euros
Por Redacción |