Desmantelan un punto de venda de droga no río dos Gafos
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Pontevedra, nunha operación conxunta coa Policía Nacional, detivo tres persoas por un delito contra a saúde pública.
A actuación partiu das numerosas denuncias de cidadáns recibidas nas últimas semanas indicando que nas proximidades da rúa do Muíño, na contorna do río dos Gafos, máis concretamente, preto dun vello muíño, reuníanse numerosos mozos, tanto no horario de mañá como de tarde, os cales se dedicaban a consumir sustancias estupefacientes e traficar, especialmente en horarios escolares.
En coordinación co grupo de tráfico medio de drogas do Corpo da Policía Nacional, os axentes locales dispuxeron un dispositivo de vixilancia, dando lugar, o pasado 21 de outubro, ao desmantelamento dun punto de consumo e venda de haxix e marihuana, con tres detidos e de 10 denuncias por tenencia de drogas, tramitadas ante a Subdelegación do Goberno por infracción á Lei de Seguridade Cidadá.
No mes de setembro estableceuse un operativo especial de vixilancia e ao longo de varios días os axentes da Policía Local de Pontevedra constataron un movemento anómalo de persoas, algunhas delas menores e en horario lectivos.
Tamén observaron como algún deles adquirían a droga e fumábana con absoluta tranquilidade fronte aos demais viandantes. No transcurso das vixilancias tamén foron testemuñas dalgúns altercados motivados polas queixas que determinados usuarios facíanlle aos mozos, que lonxe de depoñer a súa actitude, increpaban aos transeúntes.
Os detidos son tres homes de 19, 20 e 23 anos de idade.
Tanto os detidos como o atestado foi trasladado ao grupo de tráfico medio do Corpo da Policía Nacional que continuou coas pescudas e practicou rexistros en dous domicilios.
Dun dos rexistros interviñéronse 96 gramos de marihuana en cogollos, dez cápsulas de haxix cun peso de 106 gramos, un total de 425 euros en metálico, unha pistola de aire comprimido, unha báscula de precisión, unha navalla con restos de sustancia estupefaciente e un teléfono móbil.
No segundo rexistro interviñéronse unha plancha de haxix de 18 gramos, unha báscula de precisión, 65 euros, seis teléfonos móbiles, tres navallas con restos de haxix e numerosos recortes de plástico de diferentes tamaños.
Unha vez concluído o atestado policial foi remitido á Autoridade Xudicial.
Relacionadas:
-
Penas mínimas para catro individuos por trapichear con droga nun vello muíño do río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Detidas 19 persoas que distribuían droga entre a mocidade de Pontevedra no río Gafos
Por Redacción |
-
Detido un mozo de 20 anos por vender haxix no ámbito da Praza das Regas
Por Redacción |
-
Desmantelan un punto de venda de droga no río dos Gafos
Por Oskar Viéitez |