Amosan a alumnos de Restauración os restos achados na escavación de Arcebispo Malvar
Por Redacción
Unha vintena de alumnos da Escola de Restauración de Pontevedra visitaron a parcela destinada a tanatorio entre as rúas Uruguai e Arcebispo Malvar e comprobaron a diversidade dos achados que xurdiron durante a intervención arqueolóxica iniciada hai case dous anos e que está e piques de rematar.
O mais destacado da escavación é sen dúbida o longo tramo de muralla medieval, de 34,57 metros de lonxitude, que figura no lado sur da parcela, con vestixios dunha entrada no seu lado leste. O resto de materiais arqueolóxicos atopados corresponden ás épocas medieval, moderna e contemporánea, destacando entre os achados cerámica esmaltada como a Isabella Polycrome, gres alemán, cerámica de pastas laranxas e grises, anforetas, pipas de caolín, varias moedas, tres balas de forma esférica, diversos fragmentos de sílex de lastre dos barcos e unha medalla de bronce que serviu de bula papal.
Alianza y Barros y Pompas Fúnebres xa entregaran meses atrás ao Museo de Pontevedra algúns restos da escavación. En concreto depositaron dúas bitas con certo valor etnográfico, unha delas, de 1,60 metros de altura, atopada no dique máis exterior dos localizados nesa área, e unha peza dunha posible áncora de datación indeterminada.
As dúas empresas están a afrontar o final dunha intervención arqueolóxica que tivo tres fases e que seguiu estritamente as disposicións da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra, dependente da Consellería de Cultura da Xunta. A primeira fase serviu para destapar un longo tramo de muralla medieval, a segunda etapa consistiu na construción dun muro de micropilotes destinado a garantir a estanquidade do soar, e a terceira permitiu completar a escavación de toda a parcela.
Relacionadas:
-
Os alumnos de Restauración protestan espidos
Por Oskar Viéitez |
-
Aparece a muralla medieval e os restos dun peirao do seculo XIX na antiga parcela do Teucro
Por Alejandro Espiño |
-
Entregan ao Museo os primeiros restos da escavación de Arcebispo Malvar
Por Redacción |
-
O Tanatorio das Correntes inicia a segunda fase da escavación arqueolóxica no soar de Arcebispo Malvar
Por Redacción |
-
O Concello denega as licenzas para crematorios en Arcebispo Malvar e Montecelo
Por Oskar Viéitez |