Xogando coa area de Baltar
Por Oskar Viéitez
A concellaría de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo empezou a retirar e redistribuir a área que actualmente está depositada na zona da praia de Baltar lindante co porto.
Segundo explicou o edil, José Luís Rodríguez, "dende que se canalizou o regato que desemboca alí e se dotou de máis area á praia de Silgar prodúcese un movemento de area en Baltar que debemos corrixir cada tempada".
E é que segundo sinalou Rodríguez Lorenzo a acumulación rexistrada chega ata a tapar 13 chanzos da escaleira de acceso desde a praia ao porto "e temos que retirala e estendela polo resto da praia".