O Concello de Cotobade pechou as contas de 2012 con superávit
Por Redacción
O Concello de Cotobade pechou as contas do exercicio 2012 cun superávit de 116.910,47 euros, de maneira que se cumpre co plan de estabilidade presupostaria esixido polo Goberno e co plan de saneamento económico financiero para o período 2011 /2012 aprobado en xuño de 2010.
"Este resultado é por consecuencia da racionalización do gasto"
Segundo indica o rexedor local, Jorge Cubela, "este resultado é a consecuencia da racionalización do gasto que se fixo desde a entrada en 2011 deste novo Goberno local, baseada na supresión de gastos superfluos, dedicacións de concelleiros e aplicando o sentido común".
Jorge Cubela amosouse satisfeito cos resultados "porque a contención e priorización do gasto permítenos non só manter servizos sen ter que subir impostos ou despedir traballadores senón tamén seguir investindo en cuestión prioritarias para os veciños".
Nesta liña explica que "a pesar da difícil situación económica, o Concello de Cotobade conseguiu sanear as súas contas, cun remanente de tesourería para gastos xerais de 571.323,12 euros e cun resultado orzamentario axustado e cunha liquidación de 279.942,71 euros".
A xestión do goberno de Jorge Cubela permitiu cambiar a tendencia dos últimos anos, posto que mentres que os exercicios de 2009, 2010 e 2011 se pecharon con déficit o exercicio das contas municipais de 2012 pecháronse cunha estabilidade de 116.910 euros".
"Estes datos demostran que se pode aforrar e seguir mantendo servizos"
"Estes datos demostran que se pode aforrar e seguir mantendo servizos. Son froito do esforzó dun equipo de goberno que vela polos intereses de todos os veciños e polo rigor nas contas. Este é o resultado da política que está levando a cabo este goberno desde a súa entrada á fronte do Concello".
O informe da interventora do Concello, revela desta maneira que as contas están perfectamente saneadas, sen operacións de crédito, nin pagos pendentes. De feito o pagamento a proveedores estase realizando nun prazo medio de 17 días.
O rexedor local confía en manter esta tendencia para o ano 2013, e aínda que coa axuda doutras administracións, e sacar adiante proxectos como o campo de tiro ou a dotación de herba sintética para o campo de fútbol das Extremas, Cotobade obtivo inversión para a área recreativa de Almofrei, a Casa das nenas de Caroi e a restauración da Ponte de Ponte Borela a través de AGADER; a maiores por 248.000 do Plan de Investimentos da Deputación para a reubicación do Consultorio Médico e da Reforma da Cuberta do Concello, así como o estudio da ampliación da estrada de Almofrei".