Estudantes do Carlos Oroza participan, por terceiro ano, nos Premios Princesa de Asturias
Por Redacción
O CIFP Carlos Oroza repite por terceiro ano consecutivo na entrega dos Premios Princesa de Asturias, un evento de primeiro nivel organizado pola Fundación Princesa de Asturias, ao que asisten máis de 600 invitados.
Baixo a tutela do persoal da cadea hostaleira e baixo a supervisión do profesorado do centro un total de 62 estudantes dos ciclos superiores de Dirección de Cociña, Dirección de Servizos de Restauración e do ciclo medio de Restaurante e Bar participarán na elaboración e servizo do buffet.
O evento desenvólvese no Hotel da Reconquista de Oviedo durante este venres 21 e a actividade que realizan os estudantes inclúese como un elemento máis da formación destes futuros profesionais, que así poden ampliar os seus coñecementos e poñelos en práctica nun espazo de traballo real e protocolario.