Enfermería iniciará "a finais deste curso" os trámites para integrarse na Universidade de Vigo
Por Alejandro Espiño
As catro escolas de Enfermería que existen no sur de Galicia, entre elas a de Pontevedra, empezarán a integrarse na Universidade de Vigo a partir do próximo curso. Esta decisión anunciouse ao término do encontro que mantiveron en Vigo o reitor da institución educativa, Salustiano Mato, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, organismo responsable da escola pontevedresa.
Nesta xuntanza, na que abordaron diferentes liñas de colaboración e actuación conxunta entre ambas institucións, Salustiano Mato trasladoulle a Louzán que ao longo dese ano académico estas escolas de Enfermería (a de Pontevedra, a do Meixoeiro e Povisa en Vigo e a de Ourense) irán realizando as distintas transformacións, para ter un funcionamento óptimo no curso 2014-2015.
Neste sentido, Rafael Louzán explicou que a escola da Deputación pasará a estar dirixida desde a institución académica e contará con profesores titulados e non asociados, como ata agora. En todo caso, concretou que o organismo provincial, que aporta 500.000 euros anuais á citada escola, está "disposta a seguir colaborando para o seu bo funcionamento". "Estamos facendo o que debemos", engadiu.
Pola súa banda, Salustiano Mato destacou que esta integración do centro da Deputación na Universidade, que se plasmará nun acordo definitivo, é froito do traballo desenvolvido durante case ano e medio, e que a proposta xa foi presentada ás consellerías de Sanidade e Educación.
Así, destacou que un grupo de traballo encargarase de concluír o borrador sobre o procedemento de integración da Escola de Enfermería da Universidade de Vigo ao longo da presente primavera, para que o acordo poida ser asinado a finais de curso.
Coordinación de centros forestales
Ademais, na reunión mantida en Vigo entre o reitor, o presidente da Diputación de Pontevedra e os seus respectivos equipos, abordáronse outras liñas de actuación conxunta entre ambas universidades, en materias como a forestal, deportiva ou de viais. Entre elas, destacaron unha iniciativa que se centrará nos ámbitos forestal e vitivinícola e que, segundo estimou Rafael Louzán, a proposta estará "hilvanada" antes do verán
Traballarán na posta en marcha da Rede Aloia de coordinación de centros forestais, e que abarcará a estación de Areeiro, titularidade da Deputación, a Misión Biolóxica de Galicia, do Goberno central, pero nunha parcela do organismo provincial, as instalacións do Centro de Investigacións de Lourizán, gestionadas pola Xunta, pero tamén en terreos da Deputación, e o centro de Forestais que a Universidade ten no campus de Pontevedra.