Sanxenxo aguanta o tipo
Por Oskar Viéitez
As previsións máis pesimistas non se cumpriron. Será por isto que no Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), fan unha valoración "positiva" da tempada turística.
Os hoteleros recorren de novo á frase de moda "coa que está caendo...". Agora móstranse optimistas, máis ao principio do verán todo eran caras longas ante o mal tempo co que arrincou a tempada.
A porcentaxe de pernoctacións resentiuse no mes de xullo polas choivas e as nubes. Segundo os datos ofrecidos polo Observatorio de Turismo Rías Baixas a ocupación apenas alcanzou o 57 %. Doce puntos menos que o mesmo período do 2011.
Pero en agosto volveu saír o sol en Silgar e floreceron os turistas ata marcar un nivel de ocupación do 74%.
A Volta ciclista a España e o bo tempo fixeron que o mes de setembro superase ao de xuño en todos os datos económicos.
Francisco González, presidente do CETS, valora especialmente un destes indicadores, o crecemento do turismo internacional e a boa nota coa que os turistas puntúan a Rías Baixas.
Aluguer vacacional
Galicia foi a comunidade máis valorada polos viaxeiros para o aluguer vacacional cunha puntuación de 4,85 sobre un total de 5, segundo os datos analizados pola web de viaxes TripAdvisor.