Protección Civil de Cuntis retirou máis de medio cento de niños de avespas asiáticas
Por Redacción
A invasión que a avespa asiática está a levar a cabo no norte de España obrigou aos membros de Protección Civil de Cuntis a intensificar os seus esforzos por combatela.
Así, os voluntarios desta agrupación retiraron xa no que vai de ano máis de medio centenar de niños da avespa velutina, moito máis agresiva e cun veleno máis potente que as europeas.
O último deles foi localizado en Lantaño (Portas), en cuxos traballos de retirada colaboraron coa agrupación local deste municipio pontevedrés. Tratouse dunha colmea de grandes dimensións.
Ademais dos niños sobre os que xa se actuou, Protección Civil de Cuntis ten localizados catro máis, que serán retirados en próximos días.
Trátase dun situado no centro urbano de Cuntis e outros tres na parroquia de Troáns e nos lugares de Rebordelo e San Mamede.
Relacionadas:
-
O servizo municipal de emerxencias de Vilagarcía retirou 128 de vespa velutina nun ano
Por Redacción |
-
Un "palo largo" para combatir a la avispa asiática
Por Redacción |
-
Retiran un niño de avespa velutina do interior dun nicho
Por Oskar Viéitez |
-
Protección Civil de Cambados retira tres enxames de avespa asiática
Por Redacción |
-
Alerta en Lourizán ante a presenza dun niño de avespas asiáticas preto das casas
Por Redacción |