Operativo de tráfico con motivo do Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción
O próximo domingo 16 de outubro celebrase o "Medio maratón Cidade de Pontevedra 2016", o que vai levar restricións de estacionamentos e cortes de tráfico que afectan a zona norte da cidade. Por tal motivo, a Policía Local de Pontevedra dispón dun plan de tráfico co fin de minimizar os efectos destas restricións.
A proba comenza as 10:45 horas e rematará aproximadamente sobre as 13:30 horas.
No operativo de tráfico participará axentes da Policía Local e 60 voluntarios.
Percorrido :
Saída Ponte dos Tirantes, Avenida de Bos Aires, Valentín García Escudero, Real, Praza de Curros Enríquez, Rúa dos Soportais, Odriozola, Praza da Peregrina, rúa Peregrina, Andrés Muruáis, Andrés Mellado, Peregrina, San Pedro Alcántara, Alcalde Hevia, Iglesias Vilarelle, Paseo do Gafos, Rúa Xeneral Rubín, Augusto García Sánchez, Praza de Galicia, Rúa Augusto González Besada, Marques de Riestra, Praza de España, Rúa Arzebispo Malvar, Travesía de Galera, Avenida do Uruguai, Avenida das Corbaceiras, Avenida de Bos Aires,Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo, Xosé Malvar e Ponte dos Tirantes.
- CENTRO HISTORICO (ZONA ENTRE ARCEBISPO MALVAR E RÚA REAL)
Co gallo da celebración da proba deportiva os residentes do interior do perímetro delimitado polas rúas: Avenida Bos Aires, rúa Real; Arcebispo Malvar e Praza de España, na franxa horaria de 10:45 a 13:30 horas, só se pode saír co vehículo dos garaxes, onde se habilitara un paso por Praza de España.
- RESTRICCIÓNS ESTACIONAMENTOS
Restricións de estacionamentos a partir das 22:00 horas do sábado en:
- Recinto Tafisa
- Padre Gaite
- Padre Fernando Olmedo
- Iglesias Vilarelle
- Xosé Malvar (tramo entre rotonda Camiño Vello de Castela e Ponte Tirantes
PECHE CIRCUÍTO
• Ponte dos Tirantes (sentido entrada) pechada dende as 06:00 horas
• Ponte dos Tirantes (peche totoal) as 09:30 horas
• Avenida de Bos Aires (tramo Monteporreiro-Ponte. dos Tirantes) pechada desde as 09:30 horas.
• A totalidade do circuíto quedará pechado ás 10:15 horas
No resto do percorrido non se prohibe o estacionamento se ben prohíbese o movemento dos vehículos ata o remate das probas deportivas (13:30 horas aproximadamente)
MEDIDAS TRÁFICO
- Sobre as 10:15 procederase ao peche ao tráfico rodado en todo o percorrido.
- Dende o mércores, en lugares concretos, colocáronse valado anunciando que a partir das 22:00 horas do sábado estará prohibido o estacionamento: Xosé Malvar( entre Ponte dos Tirantes e rúa Camiño Vello de Castela ).; Iglesias Vilarelle (entre Taboada Nieto e Alcalde Hevia), Padre Gaite e Padre Fernando Olmedo (entre Padre Gaite e entrada Estadio da Xuventude).
- Os cortes de tráfico afectan aos veciños de Monteporreiro (a proba chega ata a praia fluvial o que obriga a pechar ao tráfico toda Avenida de Bos Aires entre Galera e acceso Monteporreiro. A saída de Monteporreiro farase por rúa da Pomba cara a Avenida de Lugo ou rúa da Seca.
- Os veciños das rúas comprendidas entre Real e Arcebispo Malvar non poderán entrar mentres durar a proba, pero si saír por Praza de España
- Ao longo do percorrido permítese o estacionamento, excepto nos lugares concretos que se especificaron no segundo dos puntos, pero non poden mover os seus vehículos ata o remate da proba , aconsellase que os que teñan previsto saír no horario comprendido entre as 10:15 e 13:30 o estacionen noutro lugar.
- A proba obriga ao peche total dos pontes de Tirantes, Santiago e Ponte do Burgo. A saída da cidade cara o norte farase a través do Ponte da Barca ou AP9.
ENTRADA E SAIDA CIDADE SEN RESTRICIÓNS DE TRÁFICO:
- Ponte da Barca
- Ponte de Monteporreiro (Ponte. Das Palabras)
- AP-9 (acceso sur) - Fernández Ladreda
- AP-9 (acceso norte) - Ponte da Barca
- Autovía de Marín (PO-12) - Fernández Ladreda
- Estrada Vella de Marín (PO-546) - Fernández Ladreda
- Josefina Arruti (desdobramento Avenida de Vigo) - Fernández Ladreda / Eduardo Pondal
- Avenida de Lugo – Eduardo Pondal
Relacionadas:
-
O Medio Maratón de Pontevedra supérase na súa XXI edición
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Deporte Pontevedra: Axenda fin de semana 15 e 16 de outubro
Por Redacción |
-
Case 2.000 inscritos para un Medio Maratón de Pontevedra que volve ser de record
Por Redacción |
-
Pontevedra "respira atletismo" ante o seu XXI Medio Maratón
Por Diego Espiño |