Deteñen unha muller como presunta autora de 16 incendios forestais no municipio de Pontevedra

Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Autonómica en Pontevedra informaron este venres da investigación dunha muller como presunta autora de dezaseis incendios forestais no concello de Pontevedra.
Os lumes que se lle imputan tiveron lugar desde o 9 de agosto ata o 6 de outubro nos lugares da Ponte, Vilar, O Rañadoiro e Acevedo, na parroquia de Pontesampaio e na Canicouva. Estes incendios afectaron unha superficie total de 320 hectáreas de raso e arborado.
Estes incendios afectaron unha superficie total de 320 hectáreas de raso e arborado
A detención produciuse como consecuencia dun dispositivo de vixilancia activado desde mediados de setembro.
A muller foi sorprendida este xoves cando circulaba no seu vehículo arroxaba desde a ventanilla un obxecto incendiario en Ponte Sampaio que produciu un lume de 300 metros de arborado. Este lume foi apagado polos servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia.
Polos ditos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Pontevedra.
No que vai de ano, a Policía Autonómica xa leva investigadas ou detidas a 60 persoas por delitos relacionados con incendios forestais.
Relacionadas:
-
Condenada a dous anos de prisión tras recoñecer que provocou sete incendios forestais en Ponte Sampaio en 2016
Por Redacción |
-
Unha pontevedresa enfróntase a 4 anos de prisión como sospeitosa da onda de incendios de 2016 en Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
A detida polos incendios de Ponte Sampaio en 2016 pide que se analice o seu estado mental
Por Natalia Puga |
-
Investigan dúas persoas como presuntas autoras dun incendio forestal en Marín
Por Redacción |
-
Os comuneiros de Ponte Sampaio piden medidas ao Concello para garantir a seguridade viaria no Vilar
Por Redacción |
-
Controlado un incendio forestal en Ponte Sampaio preto de casas
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Contra os incendios, concentración cidadá ao berro de "Non máis lumes"
Por Redacción |
-
O negro substitúe ao verde nos montes da comarca
Por Redacción |