Louzán: "Non me gusta que utilicen o drama e a dor de miles de familias para ir en contra do PP"
Por Alejandro Espiño
ÿ o que fan, segundo o presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra, Rafael Louzán, "algúns disfrazados de tenedores de preferentes que o que único que intentan é danar ao partido". A eles atribuíu, entre outras accións, "debido á presión que fixeron algún deles" a ameaza do alcalde de Oia e os seus cinco concelleiros de abandonar o PP se os Gobernos autonómico e central non cambiaban de actitude en relación a esta problemática.
En todo caso, Rafael Louzán reiterou que "o PP non creou este problema", e avanzou que "na medida do posible, vaise presionar desde Europa ata onde sexa para intentar atopar unha solución". Pero o que non aguantarán, dixo, son as "lamentables argucias" empregadas por algúns para "facer un debate político e intentar desgastar ao PP". Aos seus promotores díxolles que "non o lograrán".
Louzán, que mantivo este venres un encontro con representantes da plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas, reiterou que "o PP vai a traballar con absoluta entrega e dedicación para dar solución aos miles de galegos que foron estafados e enganados masivamente". Un engano que, segundo Louzán, produciuse "con autorización do Banco de España" que, entón, "era responsabilidade do PSOE".
Rafael Louzán precisou que desde o presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, ata o secretario xeral, Alfonso Rueda e Agustín Hernández, pasando polos alcaldes populares, son "os primeiros sensibilizados".
Asegurou que "imos a seguir traballando" para que se aumente o número de 13.000 familias que xa recuperaron o seu diñeiro mediante a arbitraxe, método, dixo, "que non se levou a cabo en ningunha outra comunidade salvo en Galicia". E sobre o rexedor municipal de Oia, asegurou que "el é consciente de que o PP está traballando" para lograr unha solución para todos os afectados. "ÿ certo que non a logramos aínda, pero estamos niso".