Espectacular envorco en Monte Porreiro
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida este martes tras envorcar o vehículo que conducía.
Segundo informou a Policía Local de Pontevedra o suceso tivo lugar ás 9:11 deste martes na rúa Armórica da urbanización de Monte Porreiro, moi preto do Centro Asociado da UNED.
Por causas que se descoñecen unha muller envorcou co seu coche, tendo que acudir os Bombeiros de Pontevedra para a súa excarceración.
A moza estaba consciente e presentaba feridas de escasa consideración.