Un veciño de Cuntis gaña un Sueldazo da ONCE de 5.000 euros ao mes durante 20 anos e 300.000 euros en man
Por Redacción
Un veciño de Cuntis gaña un Sueldazo de 5.000 euros ao mes durante 20 anos e 300.000 euros en man co cupón da ONCE do sábado 1de outubro. A axente vendedora da ONCE Elisa Miranda Carballo é quen levou a Cuntis a ilusión da ONCE.
Elisa vendeu un cupón agraciado co Sueldazo e nove cupóns máis, premiados con 20.000 euros cada un (180.000 euros). En total, repartiu 1.680.000 euros na coñecida localidade balnearia pontevedresa.
Elisa Miranda ten unha discapacidade física e é vendedora de produtos de xogo da ONCE desde o ano 2004. Traballou durante anos en Moraña e fai case tres anos faio no pobo de Cuntis, onde é coñecida en toda a localidade, onde exerce o seu traballo como vendedora desprazándose por todo o pobo a bordo dun scooter.
Todos os cupóns premiados vendeunos no centro do pobo, incluído o do sueldazo, e cre que algún o vendeu a usuarios do balneario.