O goberno de Carmela Silva decide retomar os traballos de escavación no campo da Lanzada
Por Redacción
O equipo de arqueoloxía da Deputación de Pontevedra retomou este luns os traballos de escavación no xacemento da Lanzada para cumprir co proxecto establecido no Protocolo co Ministerio de Fomento.
O goberno que preside Carmela Silva decidiu así completar o programa no castro de Noalla, á vez que xa encargou a redacción do proxecto de consolidación definitiva que, se Fomento non asume, levará a cabo cando terminen as escavacións.
"Trátase dunha decisión responsable e coherente coa nosa aposta polo respecto ao patrimonio ante a desidia do Ministerio", dixo a Presidenta. "Aínda así, espero que en Madrid reaccionen e decidan cumprir coas súas obrigacións".
Ata este luns, os operarios da Deputación estiveron realizando os labores de limpeza e conservación preventiva nos castros do Trega, (A Guarda), e Alobre, (Vilagarcía), traballos necesarios antes da consolidación definitiva, cuxos proxectos se están terminando de redactar. Desde media mañá do luns os arqueólogos incorporáronse aos traballos na Lanzada onde seguirán ata cumprir co proxecto autorizado por Patrimonio da Xunta, "evitar o risco de deterioración que a inacción de Fomento pode causar", e ante os importantes achados que o xacemento está a revelar.
O goberno provincial volve a facer un chamamento ao Ministerio de Fomento para que "dunha vez fixe unhas datas realistas que non comprometan a existencia do proxecto e cumpra coas súas obrigacións, claramente delimitadas no Protocolo". Así mesmo, a Deputación de Pontevedra reclamará todos aqueles gastos que teña que afrontar a institución provincial por realizar os traballos que corresponden ao Ministerio.
Relacionadas:
-
Os bebés achados no castro da Lanzada están datados entre os séculos I e III despois de Cristo
Por Oskar Viéitez |
-
Achan un puñal nas excavacións da Lanzada
Por Redacción |
-
Cornelia é do século V, Miami confirmouno
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación e Fomento pechan un preacordo que garante o cumprimento do programa dos castros
Por Redacción |
-
Achan restos de máis bebés no Campo da Lanzada
Por Redacción |
-
Carmela Silva critica a "caradura" do PP por sinalar á Deputación como "a única responsable" do abandono dos castros
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Cornelia viaxa a un laboratorio de Miami para someterse á proba do Carbono 14
Por Anxo Lourido |
-
A Deputación paraliza as actuacións nos castros da provincia polo "absoluto deixamento" de Fomento
Por Redacción |
-
Os arqueólogos descobren o esqueleto dun segundo bebé no Campo da Lanzada
Por Oskar Viéitez |