Dous músicos pontevedreses dirixen o primeiro Diploma de Produción Contemporánea online
Por Redacción
Os músicos pontevedreses Adrián Saavedra e Ángel Paz, de 29 y 28 anos respectivamente, dirixirán o primeiro Diploma de Produción Contemporánea online, pioneiro no seu ámbito, da man da Escola Estudio de Santiago de Compostela.
Este diploma, dun ano de duración, está dirixido a todas aquelas persoas con inquietudes en creación musical que queiran adquirir habilidades de produción contemporánea e arranxos. Cun enfoque teórico-práctico, o alumno poderá especializarse nas distintas fases da produción de música actual e na súa aplicación nunha contorna profesional.
O período de inscrición abre o vindeiro sábado, 1 de outubro. Os interesados poden pedir información e apuntarse a través do enderezo electrónico info@escola-estudio.com.
O DIPLOMA
O diploma, que desenvolve de forma integramente online, está formado por seis cursos: secuenciadores, principios e ferramentas do proceso de gravación; estilos de música moderna; programación con instrumentos virtuais; técnicas de gravación; edición, e mesturas e masterización.
Cada alumno terá que realizar tarefas semanais que serán avaliadas polos profesores de maneira individual e personalizada.