Piden á Xunta que rectifique os seus plans para a estrada autonómica PO-234
Por Oskar Viéitez
A plataforma polo arranxo da estrada autonómica PO-234 entre Ponte Caldelas e Cotobade reiterou o seu apoio á mobilización convocada polo Concello de Ponte Caldelas para este sábado, día 1 de outubro, "toda vez que a Xunta de Galicia non ten comunicado ningunha nova que induza a pensar que a obra se vaia executar con criterios de sentido común, racionalidade ou responsabilidade na solución dos problemas de seguridade viaria que orixinaron o noso nacemento hai cerca de un ano".
A protesta xurde ante a decisión da Axencia Galega de Infraestruturas de acometer a obra por fases, comezando polo tramo de Cotobade e deixando para máis tarde o perigoso tramo de Laxoso.
A plataforma volve insistir en que o seu obxectivo "non é apoiar ningunha opción política, nin posicionarse a favor ou en contra de ningunha administración, sea municipal ou autonómica".
A plataforma reivindícase coma un "movemento veciñal que ten como única misión o arranxo integral desta estrada" e salienta a súa "imparcialidade".
Esta plataforma insta á Xunta de Galicia, pasada a "tormenta electoral" a volver "á senda do sentido común e á escoitar a voz do pobo" e di que estaría "encantada" de que non se tivera que celebrar a manifestación do próximo sábado, "que ninguén desexa", e por iso pide á Xunta de Galicia que rectifique.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas invita á conselleira de Infraestruturas a "percorrer o perigoso trazado da PO-234"
Por Redacción |
-
Unha caravana de coches, novo acto de protesta para reclamar a mellora da PO-234
Por Redacción |
-
Andrés Díaz critica a "indefensión" na que a Xunta Electoral deixou aos afectados pola PO-234
Por Redacción |
-
Centos de veciños saen á rúa para instar á Xunta a rectificar a "cacicada da PO-234"
Por Redacción |
-
Os veciños de Laxoso e Aguasantas piden a "reforma da totalidade" e non por fases da PO-234
Por Redacción |
-
A Xunta Electoral prohíbe a manifestación deste sábado pola "cacicada da PO-234"
Por Oskar Viéitez |
-
A manifestación pola PO-234 enfronta ao goberno local de Ponte Caldelas con Cotobade e o PP
Por Redacción | Creada e actualizada