Marín prepara ao río Lameira para o inverno
Por Redacción
O Concello de Marín está a levar a cabo a limpeza do río Lameira desde a súa desembocadura subterránea ata a altura de Coirados.
A misión é manter o río libre de maleza das súas marxes, tratando de que a canle quede ampla e cando empecen as choivas non sexa obxecto de retencións do curso da auga e non se produzan sobordes nin desbordes.
É unha actuación que se acomete neste tramo máis urbano que é a zona na que, cando se desborda, provoca maiores prexuízos á poboación.
Ademais, se a zona baixa non ten a máxima amplitude multiplica as posibilidades de que as crecidas sexan máis abundantes e importantes no primeiro tramo da canle.