A.M.A. sitúa o seu seguro de automóbil como o segundo mellor valorado do sector
Os seguros de automóbil de A.M.A., a Mutua dos Profesionais Sanitarios, presidida polo pontevedrés Diego Murillo, son os segundos mellor valorados do sector, segundo a última edición do Índice Stiga de Experiencia de Cliente (ISCX), o maior estudo independente de satisfacción dos consumidores, elaborado a partir de 17.000 opinións repartidas por toda España sobre 22 sectores de gran consumo.
Das catorce grandes aseguradoras nacionais de automóbiles analizadas no estudo, ISCX outorga a A.M.A. o segundo mellor nivel de compromiso de toda a mostra, con 34,69 puntos porcentuais sobre cen, só por detrás dos 36,23 puntos obtidos polo gañador.
A puntuación ISCX inclúe a porcentaxe de clientes que declaran sen reservas a súa satisfacción polo produto, móstranse fieis ao mesmo e están predispostos a recomendalo. É dicir, no caso da Mutua dos Profesionais Sanitarios, unha media de 34,69 persoas de cada cen están satisfeitas cos seus seguros de automóbil A.M.A., son usuarios fieis dos mesmos e recoméndanllos a terceiros.
O Índice Stiga avalía as opinións a partir de tres vectores: imaxe, prezo e calidade percibida. Sobre eles calcula o grao de satisfacción, que á súa vez cruza cos niveis de fidelidade e prescrición dos usuarios, o que dá orixe ao nivel de calidade percibida, ISCX.
A.M.A. é a única compañía especializada en ofrecer todo tipo de seguros para os profesionais sanitarios e os seus familiares. Cumpriu 51 anos fiel a esa especialización, e nese tempo,consolidouse entre as grandes mutuas de seguros españolas, con máis de 600.000 asegurados activos.
Relacionadas:
-
O seguro de autos de A.M.A., o máis satisfactorio para os usuarios, segundo a OCU
Por Noticia patrocinada |
-
Diego Murillo deixa a presidencia de A.M.A., tras máis de 20 anos no cargo
Por Redacción |
-
Diego Murillo recibe a medalla de ouro da Organización Médica Colegial
Por Redacción |
-
A Organización Médica Colexial concede a Diego Murillo a súa medalla de ouro e noméao colexiado de honra
Por Redacción |
-
A.M.A. inclúe unha nova utilidade para tramitar os partes de lúas na aplicación para móbiles
Por Noticia patrocinada |