Máis dun cento de pontevedreses denuncian os recortes da Xunta en materia de servizos públicos
Por Redacción
Máis dun cento de pontevedreses saíron á rúa para rexeitar os orzamentos da Xunta para 2013 ao entender que estas contas autonómicas "poñen en perigo os servizos públicos, promoven a supresión e o despedimento de persoal e deterioran as súas condicións laborais e económicas". Foi nunha concentración que tivo lugar diante da Subdelegación do Goberno de Pontevedra.
Os participantes nesta protesta, que se sumou ás convocadas pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, que integra a un total de 16 sindicatos, nas sete cidades galegas, alertaron de que tralos recortes presupuestarios "escóndese a pretensión do Partido Popular de favorecer a privatización dos servizos públicos". Por iso é polo que destaquen a importante de mobilizarse para rexeitar estas políticas.
As concentracións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos celebráronse de forma previa á manifestación que os sindicatos convocaron para o próximo día 26 de febreiro en Santiago de Compostela para rexeitar as contas autonómicas.