Eduardo Barros, presidente en funcións da Cámara de Comercio
Por Anxo Lourido
Dos 26 membros con dereito a voto convocados ao pleno da Cámara de Comercio asistiron 16, número suficiente para que houbera cuórum e se puidera escoller o vicepresidente. E así foi. A única candidatura presentada era a de Eduardo Barros e por unanimidade, con aplausos incluidos, foi designado vicepresidente e, por tanto, coa responsabilidade de liderar a institución cameral de maneira inmediata.
As súas primeiras palabras foron dedicadas aos membros que o escolleron: "Yo le he agradecido al pleno el respaldo unánime que he recibido. Y aguardo que este período sea de mucho trabajo, mucha colaboración del pleno y con muchas ganas aunque sea una situación complicada". O empresario engadiu: "creo que la institución merece todos los esfuerzos y que tiene muy buena madera para hacer muchas cosas".
Eduardo Barros, responsable de Construcións Ogapa, leva 2 anos na Cámara de Comercio e tamén é membro de Aempe. Anteriormente foi presidente do Liceo Casino de Pontevedra, ademais de participar nos inicios da Asociación de Jóvenes Empresarios.
O seu mandato será ata as vindeiras eleccións camerais, pero segundo afirmou todo dependerá do que estableza a futura lei de Cámaras que determinará o funcionamento destas institucións.
Este venres ofrecerá unha rolda de prensa como novo vicepresidente da institución para explicar os seus plans de futuro ao fronte da Cámara pontevedresa.