50 coches, 50 bicicletas, 50 peóns ou un autobús. Quen ocupa máis?
Por Redacción
O colectivo ciclista Pedaladas levou a cabo este mércores 21 un curioso acto de concienciación sobre a mobilidade con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, que leva como lema "Mobilidade intelixente, economía forte".
A proposta centrábanse en sensibilizar do problema de uso do espazo público a través do automóbil privado. O colectivo mostrou durante o percorrido pola avenida de Urugai que 50 coches ocupan 917 metros cadrados en circulación fronte a uns 50 metros cadrados que ocuparían os peóns camiñando ou os 35 metros cadrados nun autobús urbano.
O lugar escollido para desenvolver esta actvidad foi na avenida das Corbaceiras, un punto no que a AP-9 pasa ao outro lado da ría pola que circulan 20.658 vehículos ao día, a Ponte da Barca que soporta 10.500 automóbiles diarios e a avenida das Corbaceiras con 8.700 vehículos ao día.
O colectivo calcula que nese punto, a 390 metros en liña recta da Praza de España, emítense 1.895 toneladas ao ano de CO2, 13.023 kg/ano de contaminantes (CO, HC, NOx, PM2,5, PM10, sobre todo diésel).
Os integrantes de Pedaladas sinalan que se nas décadas dos 60 e dos 70 ter cidades cheas de vehículos de motor, agora é necesario regresar ao uso do transporte público e da bicicleta.
Esta asociación asume o manifesto de "A beirarrúa é peonil", que define este espazo como un lugar de convivencia e non unha canle de circulación de vehículos. E apoian as solicitudes de diferentes colectivos como Amizade e Amencer que reclaman máis transportes adaptados, eliminar beirarrúas con remates inaccesibles, un maior control das terrazas para garantir o paso, reservar os estacionamentos reservados a persoas con mobilidade reducida e instaurar un transporte metropolitano.
Por outra banda, a asociación Nós Camiñamos reclama tamén que o firme das beirarrúas sexa o máis liso posible xa que entenden que os vehículos contan con mellor firme que os peóns para camiñar. Piden tamén unha mellor regulación dos semáforos para que os peóns teñan menos tempo de espera.
No acto de Pedaladas participaron representantes dos grupos municipais do Partido Popular e de Marea Pontevedra.
Relacionadas:
-
Pedaladas pide axudas para que nenos con discapacidade teñan unha bici adaptada
Por Redacción |
-
Pedaladas pide ao Concello que compre un radar para controlar a zona 30
Por Redacción |
-
Piden a Tráfico aumentar os radares nas estradas con maior presenza de ciclistas
Por Alejandro Espiño |
-
Desprazamentos a pé, en bici e en transporte público para promover a Semana da Mobilidade
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Primeiros pasos para crear unha rede de vías ciclistas na provincia
Por Diego Espiño |