A.M.A. inclúe unha nova utilidade para tramitar os partes de lúas na aplicación para móbiles
A.M.A., a Mutua dos Profesionais Sanitarios, incluíu unha nova utilidade na súa aplicación para móbiles. Cando o mutualista necesite dar un parte de lúas, bástalle con clicar na aplicación e elixir o número de teléfono e o momento idóneo no que desexa ser atendido. Nesa chamada telefónica, a Mutua realizará todos os trámites necesarios para resolver a incidencia.
A utilidade de clicar e recibir unha chamada (click to call) permite concertar cita para arranxar a lúa do vehículo, ben sexa no taller ou no lugar que o mutualista elixa cando a lúa é reparable, ou ben no taller da súa elección cando a lúa debe ser substituída. A aseguradora adapta sempre o seu servizo á súa preferencia concreta, e ademais evítalle calquera custo de chamada.
Ademais deste novo servizo, ao descargarse a aplicación da Mutua dos Profesionais Sanitarios tamén se poderá realizar co teléfono móbil, en tempo real e nuns poucos pasos, a comunicación inicial de sinistros de coche e a asistencia na estrada.
Só con actualizar ou descargarse a aplicación, e rexistrarse unha única vez como usuario, pódese resolver co móbil as diferentes xestións de asistencia na estrada, solicitar un guindastre, xestionar a comunicación inicial de sinistro ou simplemente lembrar onde aparcou. A versión supón un importante paso na cualificación dos seguros de automóbil de A.M.A., tamén mediante a simplificación online das súas xestións máis habituais.
Desde o seu teléfono móbil, calquera mutualista pode realizar facilmente a comunicación inicial dos posibles sinistros (con contrario ou sen el), os de lúas e os roubos parciais ou total do seu vehículo, así como solicitar asistencia técnica e guindastre cando sexan necesarias. A xestión a través do móbil tamén permite achegar ata un máximo de nove fotografas do sinistro, precisar os danos desde as distintas vistas do coche (perfís esquerdo e dereito, frontal, traseiro e cenital), e incluír descrición e observacións sobre o sucedido.
A aplicación valida cada un dos pasos nun proceso que se completa en poucos minutos. A continuación, envíase á central un correo electrónico con todos os datos, a recepción confírmase e ponse ao mutualista en contacto co centro de atención ao cliente de A.M.A. Nos supostos de sinistros con outro vehículo, na aplicación tamén se cumprimentan os datos do outro condutor, especifícase se houbo intervención da autoridade, o número de ocupantes de cada vehículo e o número de lesionados.
Existen ademais outras utilidades e servizos complementarios, desde consellos prácticos e de mantemento do vehículo, recordatorios de onde se aparcou, vantaxes asociadas ao cartón do Club A.M.A. (con ofertas exclusivas para asegurados), información sobre a gama de seguros da mutua, teléfonos útiles e conexión á web e ao blogue corporativos.