A Deputación destinará máis dun millón de euros á adquisición de novos composteiros
Por Redacción
A Deputación afronta unha nova fase dentro do Plan Compost Revitaliza coa emisión dun comunicado a todos os concellos da provincia para propoñerlles axudas coa intención de que se elabore un plan municipal de residuos centrado na compostaxe, ao mesmo tempo que se ofrece outra axuda para a compra de composteiros tanto individuais e comunitarios.
Na primeira fase, instaláronse 20 centros de compostaxe comunitaria en 11 concellos que entraron o funcionamento o 1 de agosto. O vicepresidente provincial, César Mosquera, informaba este martes das escasas incidencias que se produciron durante estas experiencias, que relacionou co descoñecemento por parte dos usuarios. Sinalou que a máis grave rexistrouse nun composteiro no que se vertieron 50 quilos de cabezas e tripas de atún procedentes dun restaurante e foi necesaria unha intervención dos técnicos especialistas para reducir o dano causado.
Para a nova fase, a Deputación destinará máis de 1.150.000 euros para a adquisición de novos composteiros. Tamén se abre unha convocatoria de cursos de formación para traballadores municipais ou empresas que se encargan do servizo de recollida de residuos. Mosquera apuntou que outros 11 concellos atópanse na fase de colocación dos composteros comunitarios e destacou que algúns xa contan con plataformas de base para a instalación.
O vicepresidente da Deputación insistiu en que a rebaixa nos gastos que se pode obter nos composteros individuais a través deste sistema pode chegar a situarse na metade do que se gasta agora co traslado dos residuos a Sogama. Nos comunitarios, esa redución dos gastos sitúase entre o 35 e o 40%
Relacionadas:
-
O 19 de decembro remata o prazo para que os concellos se adhiran ao plan de compostaxe
Por Redacción |
-
Persoal municipal e das contratas formaranse no manexo de composteiros
Por Redacción |
-
A Unión Europea interésase polo plan de compostaxe da Deputación
Por Redacción |
-
A Escola de Forestais investigará sobre o compost para converter os residuos nun recurso
Por Redacción |
-
Os veciños de Portonovo súmanse á moda dos composteiros
Por Redacción |
-
O compost de Monte Porreiro usarase na horta ecolóxica do barrio cuxa colleita será para o Banco de Alimentos
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación completa a primeira fase do Plan Compost Revitaliza "con gran éxito"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Arranca a segunda fase do Plan Compost
Por Redacción |