O Concello recibe a Tonucci á fronte dunha delegación italiana
Por Redacción
Este martes chega á cidade o psicopedagogo Francesco Tonucci á fronte dunha delegación de alcaldes e representantes municipais de concellos da rexión de Lazio (Italia) coa fin de coñecer in situ a experiencia dos camiños escolares e o modelo urbano de Pontevedra recoñecido internacionalmente.
Francesco Tonucci, tamén coñecido polo pseudónimo "Frato", é autor de numerosos libros sobre o papel dos nenos no ecosistema urbano e de artigos en revistas italianas e estranxeiras.
O goberno local programou unha intensa axenda de traballo que se desenvolverá os días 21 e 22 (mércores e xoves) con sesións técnicas, e unha serie de visitas: aos camiños escolares de Monte Porreiro "como exemplo de interacción educativa e social e de aposta pola autonomía dos nenos e nenas"; outra a praza de Barcelos "transformada no horario escolar en patio de recreo como exemplo de recuperación de espazos para as persoas" e unha visita ao núcleo de centralidade de Salcedo, "exemplo do avance do modelo Pontevedra cara o rural" serán as paradas previstas.
Xunto con Francesco Tonucci estarán representantes de seis concellos da rexión italiana de Lazio: de Formia, Priverno, Rieti, Subiaco, Vasanello e Fano, ademais de responsábeis, ao igual que Tonucci, do Laboratorio Cidade dos Nenos e Nenas e da Secretaría de Medio Ambiente da Rexión de Lazio.
Relacionadas:
-
O Pazo da Cultura acollerá a exposición 'Imaxinar a educación. 50 anos con Frato'
Por Oskar Viéitez |
-
Tonucci revisa os Camiños Escolares e suxire algúns cambios na iniciativa
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Tonucci: "Os nenos son peóns e nada máis. Se a cidade non é axeitada para os peóns, resultan excluídos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello "redefinirá" o proxecto dos Camiños Escolares
Por Alejandro Espiño |
-
A rexión chinesa que inspirou "Avatar" quere irmandarse con Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Tonucci: "Hai que pensar a mobilidade doutra maneira e niso en Pontevedra son os mestres"
Por Redacción |
-
Alcaldes da provincia acuden ao encontro de Tonucci, o gurú da 'cidade dos nenos'
Por Oskar Viéitez |
-
Badajoz, Louvain, Burgos, Granada e Narón, novas citas do modelo de cidade
Por Redacción |