Volta ao cole, con festa
Por Redacción
Tras a volta os escolares ao colexio xa é habitual que en Pontevedra chegue a hora da festa. Un ano máis, o Centro Comercial Urbano Zona Monumental organiza a Gran Festa de Volta ao Cole nas zonas máis emplemáticas do centro histórico. Será este venres 16 de setembro entre as 16.30 e as 20.30 horas.
Como en anos anteriores, situaranse inchables repartidos polas diferentes zonas emblemáticas da zona monumental e, como novidade, este ano na rúa Serra o Club de Waterpolo Pontevedra organizará unha actividade de 'Waterpolo na Rúa' na que sacan este deporte á rúa con xogos e unha pista portátil en busca de novos socios para o club.
A celebración terá como un dos seus pratos fortes unha festa da escuma a partir das 19.00 horas na praza da Pedreira coa participación dun DJ. Ademais, haberá actividades nas seguintes prazas:
Praza Curros Enríquez: rocódromo e xogos tradicionais
Praza Méndez Núñez: ludoteca, taller, inchable 'saloon de vaqueiros' e contacontos
Praza Valentín García Escudeiro: inchable 'crocodilo' e ' touro mecánico'
Rúa Serra: pumptrack e xogos de puntería
As catro horas de diversión están organizadas por Zona Monumental, pero contan coa colaboración do Club Waterpolo Pontevedra, o Concello e a Xunta.