As obras para completar o saneamento de Mourente iniciaranse antes de final de mes
Por Alejandro Espiño
Tras anos de espera, o saneamento pendente en Mourente deu un paso definitivo para facerse realidade. A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación deste proxecto á empresa Civis Global SLU por un importe de 880.687 euros.
A obra consistirá na instalación de cinco quilómetros de rede de saneamento e outros 852 metros de pluviais.
Raimundo González explicou que para que as obras poidan iniciarse só falta a firma do contrato e que este trámite é "inminente", polo que os traballos comezarán dentro deste mesmo mes de setembro. Teñen un prazo de execución de nove meses.
Ademais, a oferta de Civis Global inclúe as dúas melloras que o Concello incluíra na licitación deste proxecto.
Así, asumirá a execución da rede de abastecemento de auga, que irá a ambos os dous lados da estrada e ten un custo de 185.682 euros; e completará a rede de rede de sumidoiros no lugar de Leirados, cubrindo un tramo que non estaba incluído no proxecto e que está valorado en 98.468 euros.
Relacionadas:
-
160 vivendas de Mourente poderán conectarse ao saneamento nas próximas semanas
Por Redacción |
-
O saneamento de Mourente, en prazo: estará rematado en outono
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Deputación aproba o convenio para o saneamento de Bora, Mourente e o río dos Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
23 empresas optan a facer o saneamento pendente en Mourente e Bora
Por Redacción |
-
Mourente completará o seu saneamento antes de que acabe o ano
Por Alejandro Espiño |