Alertan da deterioración de varias pasarelas no río dos Gafos
Por Oskar Viéitez
O colectivo ecoloxista Vaipolorío puxo en coñecemento este luns por rexistro ante o Concello de Pontevedra e ante a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a situación de deterioración de cinco pasarelas e pontes de madeira no carreiro rural do río Tomeza-Gafos.
Desde Vaipolorío reclaman a súa pronta reparación para evitar posibles accidentes entre os usuarios deste espazo natural.
Recentemente Vaipolorío tamén reiterou as denuncias por diferentes verteduras contaminantes ao río dos Gafos.
O colectivo prepara unha xornada especial de limpeza no río, coincidente cunha campaña simultánea de concienciación en toda Galicia, que se centrará no tramo da desembocadura.
Relacionadas:
-
Localizan unha vertedura de cascallos nas inmediacións do río Gafos
Por Redacción |
-
Nova vertedura contaminante ao Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío alerta dunha vertedura de terra no río Pombal procedente das obras da A-57
Por Redacción |
-
Vaipolorío denuncia a Unión Fenosa por unha talla indiscriminada no río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Unha noite cos amigos de Batman
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío denuncia unha vertedura que provocou a morte de peixes no Gafos
Por Redacción |